# MANUELA REY VOLVE A MONDOÑEDO

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/
- Published: 2024-04-22T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

**Sábado 20 de abril de 2024**, **Manuela Rey volveu a Mondoñedo** da man de [Nuria Anello](https://www.facebook.com/nuria.anello.9),
alumna do Grao en Mestre/a de Educación Primaria na [Facultade de Ciencias da Educación](https://www.facebook.com/CCEEUSC)
da [Universidade de Santiago de Compostela](https://www.facebook.com/UniversidadeUSC).

_(Podes ver as imaxes en grande facendo click nelas (preferible en PC))_

[[

Na súa casa natal

[[

Nuria e Manuela

[[

Andrés e Manuela

[[

Andrés e Nuria con Manuela na súa casa

[[

Andrés e Nuria na entrada da casa

[[

Un momento do proceso

[[

Andrés e Nuria no Pedroso

[[

Manuela camiño da Padrela

[[

Manuela indo ao Pedroso

[[

Manuela na casa de Cunqueiro

[[

Na tumba de Cunqueiro

[[

Na tumba de Leiras Pulpeiro

[[

Na Fonte Vella

[[

Na Fonte Vella

[[

Na igrexa do Seminairo

[[

No adro da igrexa dos Remedios

[[

No Quiosco da música

[[

Diante o Instituto

[[

Na Fonte dos Pelamios

[[

Nas escaleiras do Asilo

[[

Na Ponte do Pasatempo

[[

Na Catedral

[[

No rego da Valiña

Manuela visitou os Remedios, a Alameda, o Quiosco da Música, a Casa de Álvaro Cunqueiro,
o Barrio dos Muíños, o Cemiterio Vello, o Seminario de Santa Catalina…

Máis tarde, xa coa presenza de **Andrés García Doural**, descendente desta ilustre
mindoniense, Manuela puido voltar a que foi a súa casa na Pradela e que a viu nacer
no ano 1842. Dende alí, dirixímonos ao lugar do Pedroso para visitar a casa para
a que se trasladou a familia cando ela tiña 3 anos. Nesta vivenda residiría ata 
os 8 anos; cando, alá polo ano 1850, coincidindo coas feiras das San Lucas, partiría
coa Compañía Itinerante de Teatro e comezaría a súa excepcional carreira como actriz.

Recorremos o mesmo camiño que ela tivo que transitar durante a mudanza. Saímos de
Pradela e, durante o percorrido, fomos testigos da beleza do Rego da Valiña, lugar
onde antigamente collían auga para o consumo, tiñan os lavadoiros e abeberaban o
gando; a Trasaira; O Cucharego; a Fraga da Valiña; Os Cabaneiros, onde se conservan
as ruinas do Muíño dos Cabaneiros (en territorio de Abadín); Suarribas; o Porto 
do Carro; Porcriado; e O Foro, lugar onde Manuel (irmán de Manuela) colocou unha
cruz en memoria do seu pai, que sufriu un fatídico accidente neste lugar os 67 anos.
Neste mesmo cruceiro, ao paso dos enterros desta zona, facíase unha parada na que
se deixaba repousar o cadaleito sobre unha caixa de madeira mentres o cura rezaba
un responso e os levadores recuperaban os folgos; para logo retomar camiño cara 
a Capela de San Vicente. Finalmente, chegamos ao lugar do Pedroso.

**As recreacións de Manuela foron deseñadas polo alumnado da USC**, nos Graos en
Mestre/a de Educación infantil e Mestre/a de Educación Primaria. Entre todos os 
alumnos e alumnas deseñáronse máis de 80 colaxes, das que se seleccionaron as 18
que hoxe estiveron en Mondoñedo; e que xa viaxaron tamén por Portugal e por diferentes
lugares de Santiago de Compostela (como a Praza das Praterías, a Casa do Cabido 
e o Teatro Principal).

**Todo isto foi posible grazas á iniciativa do Vicerreitorado de Cultura da USC 
e do Centro Dramático Galego, que promoveron unha colaboración con profesorado de
diferentes facultades da USC para afondar na vida e o contexto da actriz galego-
protuguesa e darlle visibilidade a este personaxe a través de diferentes actividades
enmarcadas dentro do programa ‘Faíscas Culturais’.**

Pola súa banda, o [CDG Salón Teatro](https://www.facebook.com/cdg.salonteatro), 
está a levar aos teatros a obra «Manuela Rey is in da house»; na que se lle rende
homenaxe a esta importante muller, falecida a idade de 23 anos.

**IN MEMORIAM.
MANUELA REY, Mondoñedo 1842 – Lisboa 1866.Actriz e autora Galego-
Portuguesa.

© Nuria_Anello (Alumna da USC, confección e redacción do traballo)

© Andrés_García_Doural (descendente de Manuela, bibliógrafo)

© Marcos_Candia_Cuba (Imaxe e RRSS)

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20MANUELA%20REY%20VOLVE%20A%20MONDO%C3%91EDO&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F04%2F22%2Fmanuela-rey-volta-a-mondonedo-2%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/04/22/manuela-rey-volta-a-mondonedo-2/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
