# Curioso galano

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/
- Published: 2024-06-08T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

**Venres, 11 de agosto de 1967**, os Reis Magos chegan con retraso a Mondoñedo; 
o agraciado, o xoven camareiro do «_Bar Meilán_«, **Ernesto Álvarez Ramón**, de 
18 anos.

A media tarde do citado día, chega a Mondoñedo un xoven matrimonio, composto por
un inglés e unha española, acompañaos un neno duns tres anos de idade, todos eles
montados nun coche _PKD-911 de Gran Bretaña_, modelo **Wolseley, marca Four Forty
Four, 4/44**. O turismo, ao parecer estaba avariado, e tras valorar o seu propietario
a imposibilidade de reparalo, solicita o servizo dun taxi para desplazarse a Oviedo.
A iso das oito e media, o inglés decide agasallar co coche ao camareiro do «Bar 
Meilán», Ernesto, que estaba presenciando o traslado do equipaxe ao taxi solicitado,
nese mesmo acto, entrégalle as chaves do bólido.

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/05/galano-1969.
jpg?resize=1600%2C1089&ssl=1)

A garda civil co galano. Foto de Andrés

Tras revisar o vehículo con minuciosidade, este parecía atoparse en bo estado de
uso, pero nótase a falta da preceptiva documentación. Ante esta extraña donación,
deciden avisar a Garda Civil de Mondoñedo, que fai acto de presencia no lugar de
forma inmediata, e toma os correspondentes datos do vehículo e pide información 
ao xoven Ernesto e a uns clientes do bar que foron testigos da doazón. Nada nese
intre facía presaxiar que realmente se trataba dun **vehículo roubado**, inda que
a falta de documentos, e o curioso galano, eran sumamente sospeitosos.

Como era de esperar, este galano envelenado, foi incautado polo brigada da Garda
Civil. Descoñecemos o paradoiro dos desprendidos donantes. Ernesto, o camareiro,
era fillo dun coñecido guarnicionero residente na rúa Rigueira de Mondoñedo.

© Andrés García Doural
© Marcos Candia Cuba

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Curioso%20galano&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F06%2F08%2Fcurioso-galano%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/08/curioso-galano/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
