# A viaxe da morte

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/
- Published: 2024-07-01T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Nuns difíciles anos, o servizo de pompas fúnebres de Mondoñedo era máis artesanal
que industrial. Os propietarios das funerarias existentes en Mondoñedo encargábanse
de mercar a madeira de pino nos aserradoiros da poboación, forrar con teas a citada
madeira para os cadalitos, colocarlles diversos abelorios e incluso barnizalos a
man. Os vehículos fúnebres e os cadaleitos avanzaron cos tempos e incluso as duas
funerarias existentes actualmente en Mondoñedo, asociáronse para fornecer un mellor
servizo.

Pouco a pouco vanse perdendo aqueles largos e fatigados traslados de _defuntos a
hombros, como os de Tronceda ou Estelo ata a igrexa parroquial dos Remedios. Ou 
os que tiñan que levar a cabo os veciños por un enlamado e empinado camiño dende
Figueiras ata a igrexa parroquial de San Martiño. Ou os que se levaban a cabo nos
lugares de As Invernegas e Xestoso, por uns sinuosos camiños ata a parroquial de
Santiago de Mondoñedo_.

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/05/a-hombros.
jpg?resize=1089%2C1600&ssl=1)

Traslado a hombros dun cadaleito. Foto de Andrés

No mes de xuño do ano 1968 **Dona Consuelo Méndez López**, viuda, propietaria da
_Funeraria Cabanas_, sita na planta baixa dunha vivenda da antiga Avenida de Calvo
Sotelo (hoxe San Lucas) de Mondoñedo, solicita autorización ao Concello para facer
uso dun coche fúnebre que tiña proxectado comprar e expón literalmente: «_que como
las actuales circusntancias le hacen necesario para el mejor servicio de la misma
la adquisición de un coche funerario, que se dedicará única y exclusivamente al 
servico fúnebre_«.

A Coorporación mindoniense concede por unanimidade a autorización solicitada por
Consuelo, dado o interese público que suporía tal servizo e polo disposto no artigo
17 do Reglamento de Servizos e Decretos do Ministerio da Gobernación do 25 de xaneiro
de 1941. No mes de outubro do 1969, Consuelo, diríxese por escrito novamente ao 
Concello, expoñendo literalmente: «_que hallándose mal de salud, se adopte un nuevo
acuerdo, a fin de que dicho servicio lo pueda prestar su hija Olga Cabanas Méndez_«.
A Coorporación, tamén accede ao solicitado.

O primeiro coche fúnebre que chegaría a Mondoñedo sería un «Ford Falcón» automático,
comprado pola citada _Funeraria Cabanas (actual Morán)_. este vehículo foi conducido
nos seis comezos por Ramón Sordo Geada, que exercia o cargo de empregado municipal
no cemiterio e posteriormente pola súa propietaria Olga Cabanas. Nalgunha ocasión,
este vehículo fúnebre tamén foi conducido por un xovencísimo Aquiles Sordo Muíño.

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/05/coche-moran.
jpg?resize=1600%2C960&ssl=1)

Primeiro vehículo fúnebre de Mondoñedo. Foto Andrés

Por esas datas tamén existían outros servizos funerarios en Mondoñedo, que gozaban
de merecida fama. Un era propiedade do matrimonio formado por _D. Ricardo Otero 
Montouto «O Pinto» e a súa esposa Dona Lucrecia Loureiro_, que o tiñan ubicado na
planta baixa da súa vivenda na rúa Peña de Francia. Tamén sabemos da existencia 
doutro, propiedade de _Dona Evarista Méndez García «A Calixa»_, veciña da rúa Rigueira
núm. 2, que o tiña nunha dependencia da planta inferior da súa vivenda, pero que
deixou de funcionar facía uns cantos anos.

_ ** -Cuatro tablas-**
Lujosa o pobre, ligera o graveDesde que naces hasta que mueresDe
cuatro tablas consta la naveDonde te embarcas sin inquietud:Una es el timbre de 
tus honoresOtra es la mesa de tus placeresOtra es el lecho de tus amoresY otra la
tapa de tu ataúd.**-Federico Balarí-**

Dende fai uns cantos anos existen en Mondoñedo duas excelentes funerarias, que prestan
con esmero os seus servizos, ambas dotadas duns bos vehículos, de surtidas florarías,
capela e cómodas instalacións: **_Funeraria Morán e Funeraria Sefa_**.

© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20A%20viaxe%20da%20morte&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F07%2F01%2Fa-viaxe-da-morte%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/01/a-viaxe-da-morte/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
