# Tradicción musical

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/
- Published: 2024-07-04T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Recordamos hoxe un grupo de música tradicional, fundado a finais dos anos cincuenta
do pasado siglo, «**Brisas do Masma**«. Dado que Mondoñedo non dispoñía naqueles
momentos dunha agrupación de estas características, varios membros da banda municipal
deciden iniciar a súa andaina. _César Rivas Cendán_ (gaita e clarinete) e _Eduardo
Rodríguez_ (director da banda municipal) son os que preparan o seu repertorio. J_esús
Sordo e Alfredo Chamosa _chegaron a ser toda unha institución no afamado cuarteto.

Cuarteto que chegou a disfrutar dunha máis que **merecida fama** en toda a comarca
e incluso no **occidente astur**. Por **San Lucas** acompañaban aos xigantes e cabezudos.
Era frecuente atopalos polo concurrido **San Lourenzo de Foz**. Tamén nas **festas
da Veiga** foron contratados durante moitos anos. O _**6 de xuño de 1968 amenizaron
a primeira Rapa das Bestas de Campo do Oso**_. _A finais dos anos 80 deixaron de
actuar._

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/05/brisas-do-
masma.jpg?resize=1106%2C1600&ssl=1)

Cuarteto Brisas do Masma. Foto de Andrés

**_Na foto vemos a Enrique Rodríguez «Quique Guerra» (bombo), Baltasar Graña (clarinete),
César Rivas (gaita) e Alfredo Chamosa (caixa)._**

© Andrés_García_Doural
© Marcos_Candia_Cuba

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Tradicci%C3%B3n%20musical&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F07%2F04%2Ftradiccion-musical%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/07/04/tradiccion-musical/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
