# Escola dos Muíños

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/
- Published: 2024-08-27T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

No ano 1917 comezaron as obras de construcción dun edificio que sería usado como
escola, a conta dun legado de 50.000 pesetas por parte da caritativa señorita Dona
Natalia Palacios López, irmá do antigo bispo da diócese mindoniense Don José Manuel
Palacios (1877/1885). Natalia finou no 1912 na capital da provincia.

No plano do novo edificio, suxeito aos preceptos hixiénicos e pedagóxicos do momento,
foi realizado polo párroco de Barallobre. Na fachada principal e sobre a porta de
entrada foi colocada unha placa de mármore branco que dicía: «**REVIVISCIT LUX. 
ESCUELA DE SAN JOSÉ DE LOS MOLINOS. GRATIS PRO DEO**» (_La luz revive. Escuela de
San José de Los Molinos. Por el amor de Dios_).

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/08/placa-escola-
muinos.jpg?resize=1600%2C1272&ssl=1)

Praca de mármore que se podía ver na fachada do edificio. Andrés García Doural

O primeiro mestre da escola foi Don Francisco Caridad Gastalber, presbítero de 37
anos, natural de Coruña, pero veciño afincado en Lugo.

Despois de permanecer moitos anos sen actividade, a escola padeceu os defectos do
abandono e das inclemencias meteorolóxicas, foi restaurada por completo e o seu 
espacio facilitado polo concello a varios artesáns para exercer os seus oficios 
e dalos a coñecer ao público, como puido ser zoqueiro ou canteiro. Foi neste proceso
de rehabilitación cando desapareceu a praca de mármore que amosamos e que se podía
ver sobre a entrada. Preguntámonos porque non se volveu a colocar na edificación
orixinal e onde se atopará… Xa é un habitual a desaparición destas pracas no noso
territorio.

©Andrés_García_Doural
©Marcos_Candia_Cuba

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Escola%20dos%20Mu%C3%AD%C3%B1os&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F08%2F27%2Fescola-dos-muinos%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/08/27/escola-dos-muinos/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
