# Derbi no Martínez Otero

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/
- Published: 2024-09-05T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

_Viaxamos ata o 21 de abril de 1974, estadio de fútbol Martínez Otero, Foz._

Nesa vila e data tiña lugar un derbi o que enfrontaba ao cadro local a CD Foz, e
a SD Mindoniense, que para a ocasión formaría con _**Cabanas, Magín, Higinio, Lalo,
Nano, Paz (trocado por Cayetano), Seo, Bouso, Piñeiro, Ayala (trocado por Pedro 
Rubal) e Rispa**_.

[[

Xogadores do Mondoñedo. Foto Andrés

Foi un partido de intenso dominio do cadro local. No primeiro tempo o colexiado 
sinalou pena máxima para o Foz, pero Veiga, o seu dianteiro, marrou o tiro. O domino
local proseguía, pero o esférico non entraba na meta mindoniense. Foi así, que co
paso dos minutos, un solitario tanto dun xove rapaz, Cayetano, que poucos minutos
antes saltara ao campo, e tras unha veloz carreira por medio da defensa local, soltou
un forte disparo que entrou por toda a cruceta! Xogábanse os últimos minutos do 
choque, e moitos espectadores xa abandonaran as gradas do estadio focego. Os xogadores
visitantes, celebraron unha vitoria que case non crían tralo desenrolo do choque.

_Coa colaboración especial de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Derbi%20no%20Mart%C3%ADnez%20Otero&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F09%2F05%2Fderbi-no-martinez-otero%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/09/05/derbi-no-martinez-otero/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
