# V Trofeo Banco Bilbao, 1977

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/
- Published: 2024-10-02T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

_Durante a celebración das festas de Nosa Señora dos Remedios no 1977_, levouse 
a cabo no Viñas da Veiga un encontro de fútbol no que se disputaba o “**V Trofeo
Banco Bilbao**”, doado pola sucursal do citado banco na cidade de Mondoñedo. Enfrontáronse
no partido o “Peña Vieipo” de A Coruña e a SD Mindoniense.

Acompañamos cunha imaxe do encontro, na que forman por parte do cadro local, de
esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Magín P. Crespo, Guillermo Rubal (gardamallas),
Manolo Cabado, Moncho Piñeiro, Dictinio Vizcaino, Andrés G. D., José Luis “Canterón”,
Carlos Leiras, Chencho “de recetas”, Patricio Gómez e Valentín Insua. O cadro visitante
presentouse reforzado con dous extraordinarios xogadores, o mindoniense Juan José
Anello e o vilalbés Juan Carlos.

[[

Imaxe das escadras que formaron parte do encontro. Foto Andrés

No percorrer do encontro adiantouse o cadro visitante cun golazo de Anello, pero
nunha brillante e acertada tarde, Valentín sería quen de dar a volta ao marcador.**
O resultado final foi de 3-1 a favor da SD Mindoniense e nun fermoso xesto, o noso
capitán daquela (Magín), acompañado de numerosos aplausos fixo entrega do trofeo
ao capitán do equipo visitante.**

_Coa colaboración especial de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20V%20Trofeo%20Banco%20Bilbao%2C%201977&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F10%2F02%2Fv-trofeo-banco-bilbao-1977%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/10/02/v-trofeo-banco-bilbao-1977/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
