# «Águila de Oviedo» en Mondoñedo

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/
- Published: 2024-11-07T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Xa sabemos que sempre houbo persoas que se especializaron en certas fazañas curiosas,
vendidas como espectáculos e que a falta de maiores distraccións eran ben recibidas
polos nosos antepasados. Unha desas habilidades era a de escalar torres ou edificios
emblemáticos que dispoñían de certa altura, sen seguridade engadida, e cunha gran
habilidade; estas actividades causaban unha gran admiración no público.

[[

O escala torres José Ramón Díaz «Águila de Oviedo», encaramado sobre San Rosendo.

Foto Andrés

**Remontámonos así a 1964**, co permiso das autoridades civís e eclesiásticas, o
escalatorres, coñecido como «El Águila de Oviedo» chegaba a Mondoñedo, para ascender
ao máis alto da torre das campás da nosa Catedral, valéndose do auxilio do pararraios
e baixando tamén polo mesmo. Numeroso foi o público que se agrupou na Praza da Catedral,
Cantón Grande e Pequeno e nalgunhas das rúas colindantes a praza para presenciar
o espectáculo. O artista foi ovacionado pola multitude, que presenciou chea de admiración
o tremendo espectáculo. _Esta foi a última vez que un destes «home araña» ascendia
as torres da Catedral deste xeito. _

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20%22%C3%81guila%20de%20Oviedo%22%20en%20Mondo%C3%B1edo&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F11%2F07%2Faguila-de-oviedo-en-mondonedo%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/07/aguila-de-oviedo-en-mondonedo/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
