# Festa da tortilla en Mondoñedo

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/
- Published: 2024-11-20T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Ala polo 16 de novembro do ano 1974, tivo lugar a populosa_** Festa da Tortill**
_a en Mondoñedo. Era a súa séptima edición, de xeito ininterrompido. Nesta ocasión
asistiran cincuenta comensais co bo apetito.

Según o reporteiro do evento, a receita estaba composta de:

 * 22 quilos de patacas
 * 7 ducias de chourizos
 * 3 quilos de xamón
 * 2 quilos de pimentos
 * 4 quilos de cebolas
 * 13 ducias de ovos
 * 5 litros de aceite

A tortilla tiña unhas dimensións de 50 centímetros de díametro, 15 centímetros de
espesor, e un peso aproximado de 40 quilos.

[[

Cartaz usado para conmemorar o VII Aniversario, obra de Vizoso, e a tortilla do 
evento

A tortilla foi preparada nun recipiente da conocidísima e valorada «**_Churrería
Ribadeo_**«. A maior dificultade para a súa elaboración era cando foi preciso darlle
a volta, a consecuencia do seu elevado peso. Moitos comensais colaboraron na preparación
dos seus condimentos, pero cando a «Churrería Ribadeo» deixou de vir a Mondoñedo,
desapareceu tamén a celebración desta festa.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Festa%20da%20tortilla%20en%20Mondo%C3%B1edo&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F11%2F20%2Ffesta-da-tortilla-en-mondonedo%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/11/20/festa-da-tortilla-en-mondonedo/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
