# Paraugueiro! Zapateiro! Chega Reigosa

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/
- Published: 2024-12-04T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Recordamos outra persoaxe da historia do noso querido Mondoñedo. Como sempre de 
xeito garimoso, un veciño que deixou unha fermosa pegada na poboación mindoniense.

**Jesús Reigosa Coladas, nado en 1936 no veciño concello de Trabada**. Dende o seu
nacemento, Jesús chegou ao mundo cun importante defecto físico nas súas extremidades
inferiores, que dende sempre o obrigou a moverse cun vehículo de tres rodas, accionado
por pequenos piñóns e manivelas, que a súa vez facían de pedales. _En agosto do 
1944 a Diputación Provincial de Lugo acorda o seu ingreso na Casa Municipal de Beneficiencia
da capital._ **_Xa no 1964, temos constancia do ingreso de Jesús no Centro Benéfico
San Pablo e San Lázaro de Mondoñedo._**

Home dotado de gran fortaleza física nos seus brazos para mover o vehículo antes
citado, polas empinadas rúas da nosa cidade. Home curtido! Inda que fora un día 
de frío invernal, era frecuente velo pasar vestindo unha camisa ou camiseta de manga
curta.

_Durante varios anos foi o encargado da sección de clavado de caixas de madeira,
no desaparecido serradoiro de Victoriano González Redondo, que estaba situado nas
inmediacións da gasolineira e que naqueles anos tiña unha alta demanda destas caixas
para o transporte de pescado, froita ou queixos, e era unha boa forma de obter uns
bons ingresos algúns mozos mindonienses. _

Os domingos a tardiña, era habitual atopar a Reigosa co seu vehículo adentrarse 
pola báscula da histórica Aglomerados Ecar, e deténdose para ver o bo funcionamento
da peladora, secadoiros, prensas, recortadora, lixadoras e sección de melaminado.¡
Pasaba revista a todos os que lles tocaba traballar en día festivo!

_No momento de construirse as vivendas que coñecemos de xeito popular como «Malvinas»,
en referencia a guerra no archipiélago das Malvinas, que cadrou no tempo coa construcción
destes edificios; a Reigosa concedéronlle unha delas_. Momento en que abandona as
dependencias do Hospital San Pablo e San Lázaro. En cerca ocasión, tocoulle a quenda
de ser presidente da comunidade de veciños», e durante as asambleas da mesma, era
unha persoa que se acaloraba con frecuencia, froito do seu posto de presidente. _**
Tivo un enérxico mandato e como algún dos seus veciños non estaba de acordo coas
súas decisións de presidencia, comezaron a alcumalo «Toro Sentado»**_.

[[

Retrato de Reigosa co seu vehículo. Foto Andrés García Doural

Nos últimos anos da súa vida, Reigosa, _**adicou un local do seu domicilio a reparación
de calzado e paraugas**_. Foi un dos primeiros veciños de Mondoñedo en mercar un
coche a motor sen dispor de permiso de conducir. Grazas a estimable axuda dunhas
veciñas, Reigosa fixo unha vida normal e estivo ben atendido ata os últimos días
da súa vida.

**IN MEMORIAN, JESÚS REIGOSA COLADAS, REIGOSA.**

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Paraugueiro%21%20Zapateiro%21%20Chega%20Reigosa&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F12%2F04%2Fparaugueiro-zapateiro-chega-reigosa%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/04/paraugueiro-zapateiro-chega-reigosa/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
