# Un vello coñecido «Patrulla»

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/
- Published: 2024-12-18T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Seguimos colleitando liñas a persoaxes ben recordados no noso querido Mondoñedo,
e hoxe chega o turno dun que de seguro é ben recoñecido, **_Alejandro Rodríguez 
Soto._** _Nado o 22 de xaneiro do 1924 na nosa cidad_e. **Fillo de José María Rodríguez
Insua e de Presentación Soto**. Seu pai, José María, era un afamado alfareiro do
barrio dos Muiños, donde faleceu o 7 de febreiro de 1936. Era membro da Sociedad
de Obreiros Católicos. Deste xeito quedaba viuva unha nai, cargada de fillos de 
corta idade. Dende a sua infancia, Alejandro aprendeu o oficio de alfareiro e axudou
canto puido na súa casa.

A mediados dos anos corenta, Alejandro, ao igual que outros moitos xoves mindonienses,
practicou o fútbol, xogando como expeditivo defensa en varios conxuntos da nosa 
localidade.

[[

_**Na imaxe anterior a esta liña podemos recoñecer a: Justo Ares, Pepe Seco, Álvaro
Lage, Pepín, Antonio (gardamallas), Justo Lage, Patrulla, Araujo, Alejandro Palacios,
Elviro Lorenzo, José María, Vendaval e José Luis.**_

_Sería no ano 1951, na igrexa parroquial do Carmen, cando contraería matrimonio 
con Carmen García Paz. Deste xeito pasaría a residir no barrio do Pasatempo e tería
dous fillos, Alejandro e Guadalupe._

Xa máis avanzados os 50, o noso protagonista «Patrulla», formou parte da orquestra«
Melodías del Jazz», onde tocaba o contrabaixo. No 1964 comeza a súa andaina na «
[Royalty Melodías](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/18/royalty-melodias/)«,
onde seguiría co mesmo instrumento.

![](https://i0.wp.com/marcoscandiaimaxes.com/wp-content/uploads/2024/11/royalty-
melodias-5.jpg?resize=1006%2C630&ssl=1)

_**Durante moito tempo, foi o suministrador de foguetes para diversas e concurridas
festas da contorna**_. Primeiro gardaba o material pirotécnico nunha casa do lugar
do Cabuxo; e xa o final, era nunha edificación do vello muiño fariñento, sito na
parte inferior do Santuario de Nosa Señora do Carmen.

**_Tamén sería empregado de Aglomerados ECAR, nos anos sesenta, onde levaría a cabo
unha intensa labor sindical, como presidente do Comité de Empresa._** «Patrulla»
xubilariase por razón de idade a comezos do ano 1989. Resaltar tamén que no 1979
formou parte dunha candidatura electoral.

_Nos últimos anos da década dos 80 e comezos dos 90, «Patrulla» chegou a ser monitor
de varios cursos subvencionados polo INEM sobre alfarería, cursos que impartiría
no seu taller da Faxina, incluso chegou a dar charlas en varios centros educativos
e outros visitaban as súas instalacións_.

**IN MEMORIAN, ALEJANDRO RODRÍGUEZ SOTO. PATRULLA**

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Un%20vello%20co%C3%B1ecido%20%22Patrulla%22&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2024%2F12%2F18%2Fun-vello-conecido-patrulla%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/12/18/un-vello-conecido-patrulla/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
