# Fonte das Donas

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/
- Published: 2025-01-11T20:00:08+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Na marxa esquerda dunha das antigas saídas de Mondoñedo cara Lugo e Castela pola
que se ascende dende o barrio do Pasatempo de Mondoñedo ao máis alto da parroquia
de Santiago de Lindín e máis coñecida entre os veciños como «A Calzada» atópase 
este abundante manancial.

A primeira nova que temos sobre o mesmo data do ano 1193 e di «En 1193, Johanes 
Petri, apodado «Congo» y otros, vendieron a D. Roque Gómez y a su mujer Maior Alfonsi,
la mitad del agro de Vila-Mudi, sito en la «**Fonde das Donas»**.

A comezos doas anos cincuenta a corporación mindoniense decidiu realizar importantes
obras no entorno deste manancial. Construiríase un amplo e profundo pilón que servía
de bebedoiro para o gando, outro para o lavado de roupa. Construíronse catro cómodos
lavadoiros de man. Encauzáronse as súas augas, as cales serían usadas para rego 
de varias parcelas de terreo. No muro fronta foi colocada unha parrilla de ferro
para poder recoller comodamente na auga en cubos metálicos o en selas de madeira
para os domicilios. Como adorno, foi colocado un escudo de Mondoñedo labrado en 
branco mármore.

[[

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Fonte%20das%20Donas&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F01%2F11%2Ffonte-de-lindin%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/11/fonte-de-lindin/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
