# Obras na rúa Álvaro Cunqueiro

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/
- Published: 2025-01-13T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

A comezos dos anos setenta mellorouse o piso e beiravías do trazado das rúas Méndez
Núñez (actual Álvaro Cunqueiro) e San Roque de Mondoñedo. Colocaríanse novos saneamentos
as vivendas con tubos de cemento. O mesmo ocorrería co xeral e colocáronse novos
sumidoiros.

[[

Obras na rúa. Foto de Andrés García Doural

Aproveitando esta obra, deseñouse unha nova condución de auga para as vivendas. 
Ao transitar a nova condución por ambas beiravías, colocáronse bocas de rego, que
tristemente, recordamos ser usadas para sufocar dous incendios voraces. O trazado
destas antigas rúas mindonienses formaba parte do itinerario da estrada Viveiro-
Meira e actualmente, dun camiño alternativo a Santiago de Compostela dentro da ruta
Norte.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Obras%20na%20r%C3%BAa%20%C3%81lvaro%20Cunqueiro&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F01%2F13%2Fobras-na-rua-alvaro-cunqueiro%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/13/obras-na-rua-alvaro-cunqueiro/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
