# Cova de Xastoso

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/
- Published: 2025-01-23T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Esta cavidade atópase sita nas proximidades do lugar que recibe o mesmo nome, e 
pertence a parroquia de Santiago de Mondoñedo. Orientada cara o Sur, a uns sete 
quilómetros da cidade. Para achegarnos ao lugar debemos tomar a estrada que parte
dende o Campo da Feira de Mondoñedo, ascendemos por San Queitano e Barbeitas hata
Maariz. Transitamos posteriormente por Paadin, O Vilar e Casabella. Unha vez rebasado
este último lugar, descendemos por unha pista asfaltada que atopamos a nosa esquerda,
ata as vivendas de O Pacio. Unha vez alí, tomamos un vello camiño de carro que nos
leva ata unha vella ponte de madeira en A Puxiga (desaparecido), por onde cruzaremos
o cauce do río Valiñadares. Subimos por un empinado sendeiro, dende onde podemos
oir de forma constante o rumor da auga no río. O sendeiro avanza por entre vellos
castaños, robles, abelás, amieiros e abeduis, ata chegar a base dunha gran masa 
caliza. Neste lugar as rochas e os abeduis apropianse da paisaxe e a zona tórnase
máis abrupta. Con precaución ascendemos pola empinada ladeira e chegamos a base 
da mole caliza. Alí vemos a entrada a unha cavidade e a súa dereita unha gran estalactita
partida. Fai uns anos, estivemos por primeira vez na cavidade e a sorpresa foi atopala«
cega» de xeito intencionado por persoas descoñecidas. Fai poucas datas volvimos 
ao lugar e atopamos case destapada a súa boca. Comentaron que foron uns rapaces 
mindonienses namorados da natureza quenes tentaron destapar a mesma. Para entrar
nela, ademáis de estar provisto de luz, é preciso levar calzado e roupa adecuada.
Persoas maiores que naceron e viviron durante moitos anos nos lugares de A Pradela
e de Xastoso aseguráronnos que era preciso reptar polo chan durante un espacio corto,
que tiña uns 25 metros de lonxitude e que a cavidade xiraba máis cara o sur.

[[

Entrada a cavidade, foto Andrés

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Cova%20de%20Xastoso&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F01%2F23%2Fcova-de-xastoso%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/01/23/cova-de-xastoso/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
