# Calor nas escolas

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/
- Published: 2025-03-03T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Facía poucas datas que se deran por inauguradas as novas edificacións adicadas a
escolas e a vivendas para os mestres no territorio do Concello de Mondoñedo. Quedaba
facilitar aos mesmos, unha temperatura agradable nas aulas durante as estacións 
máis frías do ano. Para solucionar este problema adquiríronse estufas de gas butano.

Durante 10 días habiles, contados dende o 7 de decembro de 1967 e de 10 a 14 horas,
admitíanse propostas no Concello, para optar ao concurso que o mesmo ente tramitou
para a adquisición de quince estufas de gas butano con destino as citadas escolas.

[[

_**Na imaxe podemos recoñecer a: «O Cubano», Pedro D. Carreiras, Juan Puchades, 
Enrique Cabanela, Florentino Losada, Cabanela, Alicia Tezanos, Manuel Bermúdez, 
Ángel G. Sanz, «Purita», Margarita «Da Portela»…**_

Era o único elemento do que podían dispoñer os mestres para obter unha temperatura
aceptable nas amplas aulas, onde impartían ensinanza.

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Calor%20nas%20escolas&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F03%2F03%2Fcalor-nas-escolas%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/03/calor-nas-escolas/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
