# Os magnolios de Don Sergio

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/
- Published: 2025-03-14T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

No mindoniense barrio de San Lázaro podemos aprezar o Pazo de Caión, unha construcción
asentada nunha finca con gran historia. D. Luis López Lombardía e a súa dona Manuela
de Mora Cárdenas, no ano 1739 compran ao Hospital San Lázaro de Mondoñedo unha peza
de duns dez e seis ferrados de centeno no barrio de San Lázaro, donde constrúen 
unha casa de moito buque para instalar unha «Real Fábrica de Holandillas». No 1786,
o bispo de Mondoñedo D. Francisco Cuadrillero y Mota, funda a Casa Cuna e o 14 de
abril de 1792, adquire a excelente propiedade de San Lázaro por 90.000 reais. A 
desamortización de Mendizabal afectou a edificación e o seu terreo amurallado. O
6 de decembro de 1862, toda a propiedade foi vendida en Madrid polo Estado, na cantidade
de 60.070 pesetas a D. José Villamil Albareda, pai do arqueólogo, arquiveiro e historiador
D. José Villamil y Castro.

Uns anos máis tarde, estas propiedades son adquiridas por D. Juan María Cayón Rodríguez,
natural da parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz), e a súa dona Tomasa Oliva Borrero,
natural de Acebuche (Cáceres), regresados de América e onde realizaron importantes
reformas, como unha zona axardinada e fixaron a súa residencia.

En 1885, D. Juan Cayón chegou a ocupar o cargo de Alcalde de Mondoñedo; finaría 
no seu domicilio do barrio de San Lázaro o 11 de agosto de 1898 con 70 anos.

Trala desaparición dos Cayón, o pazo foi adquirido polos actuais propietarios, D.
Sergio (médico xubilidado) e Dona María do Carmen (mestra xubilada) que manteñén
a súa residencia nesta impoñente edificación e conservan con gran esmero os xardíns
da mesma.

[[

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Os%20magnolios%20de%20Don%20Sergio&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F03%2F14%2F3743%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/03/14/3743/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
