# Cruz da «Ameixoada»

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/
- Published: 2025-04-18T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Nas inmediacións do barrio de Follente, parroquia de Couboeira, a carón do vello
camiño cara O Valadouro, **faleceu o día 13 de setembro de 1775 Ana María Nicolasa
Basanta Mel, de 23 anos**, natural e vecina de Escalla de Abaixo, parroquia de Frexulfe.
Filla de Bartolomé Mel das Goas e de Ana Basanta.

[[

_Viña ao mercado a Mondoñedo_, provista dunha cantidade de diñeiro, para comprar
material de costura. Oficio que exercía en compañía da súa nai. Ao non voltar ao
seu domicilio, o seu irmán Antonio, o seu tío Juan Rouco, e o veciño Antonio Ramos,
seguiron o camiño en dirección Mondoñedo, preguntando se a viran pasar. _**Nas inmediacións
do citado camiño e baixo dunhas grandes penas atoparían o seu cadaver, que tiña 
visibles feridas nos peitos, froito da violencia que se lle aplicara. **_

_No lugar de a «Ameixoada» levaba tempo actuando un fatado de ladróns. Incluso o
Alcalde Maior de Mondoñedo, acompañado de tropa armada, tentou darlles captura. 
Os peatóns que tentaban atravesar este inhóspito lugar, esperábanse uns a outros,
para cruzar en grupo._

A nai de Nicolasa, faleceu o 7 de maio de 1790 en Frexulfe. O seu pai había feito
en 1763.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Cruz%20da%20%22Ameixoada%22&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F04%2F18%2Fcruz-da-ameixoada%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/18/cruz-da-ameixoada/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
