# Vila Cipriana

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/
- Published: 2025-04-23T20:00:16+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

_Xosé Ramón Geada García, nado o 18 de outubro de 1895_ na rúa Imprenta de Mondoñedo;
fillo de Xaquín Geada Blanco, natural da parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz),
de profesión empregado e de Cipriana García Moirón, natural de Neda (A Coruña).

**Xosé Ramón emigra moi novo a illa de Cuba, onde consegue amasar unha considerable
fortuna**. Cando volta a cidade natal decide construir unha boa edificación como
lugar de residencia. Para a construcción desta edificación elixe unhas parcelas 
de terreo inmediatas a capela de San Antonio do Carrascal. Foi nese momento cando
xurdiron importantes dificultades, dado que a capela estaba nese lugar dende 1676.

Fai as xestións oportunas ante o obispado de Mondoñedo, e incluso, Xosé Ramón chega
a viaxar a Roma. Finalmente, concédenlle autorización para levantar unha nova edificación
e derrubar a antiga capela, pero coa condición de levantar unha nova na esquina 
do recinto e trasladar todos os restos humáns hachados no interior da mesma.

_**A comezos dos anos cincuenta, Xosé Ramón costearía a construcción dunha nova 
capela de San Antonio, fechou toda a propiedade con un elevado e robusto muro de
pedra, plantou numerosas árbores froiteiras, levantou unha bonita edifcación e deseñou
un pequeno xardín no frontal da mesma. Esta propiedade é actualmente coñecida polos
mindonienses como «O Chalet de Xeada». Inda que oficialmente posee o nome de «Villa
Cipriana» na honra a súa nai**_.

[[

Dirixiu a construccióin desta bonita edificación do Carrascal o contratista Xusto
Anello Funcasta «O Couro». Os traballos de carpintaría foron levados a cabo polo
taller de Humberto Barreira «O Provisor». O mármore para as ecaleiras foi adquirido
na «Competidora Universal» de Sasdónigas e colocado por operarios da empresa. A 
pedra caliza usada no feche da finca e nas paredes laterais da edificación procedía
das canteiras do lugar de Prado (Parroquia dos Remedios).

**_Xosé Ramón faleceu en Mondoñedo o 14 de outubro de 1966, solteiro e sen descendencia.
Os seus herdeiros venderon a comezos dos anos setenta todas estas propiedades ao
industrial mindoniense Eladio Lorenzo._**

[[

Xosé Ramón e «O Moreno»

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Vila%20Cipriana&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F04%2F23%2Fvila-cipriana%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/04/23/vila-cipriana/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
