# Fray José de Cádiz e Mondoñedo

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/
- Published: 2025-05-02T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Nun documento do arquivo municipal de Mondoñedo, do ano 1781 xa se cita a existencia
desta cruz de pedra de cantería: «_Más adelante, frente a la muralla que cierra 
varias huertas de D. Luís Marzo, junto a la cruz de piedra y frente a unas casas
propiedad del venerable deán y cabildo, existen algunos agujeros que necesitan repararse_«.

É tradición que o Beato Fray Diego José de Cádiz, predicou varios sermóns nas inmediacións
desta cruz de cantería que se atopaba colocada sobre un pedestal no trazado da _antiga
Rúa da Fonte e que era a entrada e saida dirección Castela_. No ano 1921, con motivo
do seu adoquinado e construcción do muro lateral dereito, que fecha varias hortas,
incrústase a cruz en este para facilitar o tránsito de carruaxes e vehículos a motor.
A cruz consérvase en perfecto estado, _inda que a maioría dos transehuntes descoñecen
a súa orixe_.

[[

**Fray Diego chegou a predicar a cidade de Mondoñedo o 24 de marzo de 1795**. _Entrou
a poboación pola Ponte de Ruzos (actual Pasatempo) e chegou a Fonte Vella e o arco
da antiga muralla_, escoitándose a súa timbrada e clara voz a unha considerable 
distancia, sendo recibido pola poboación daquel entón con admiración e silencio.**
Tanta foi a afluencia de xente as pláticas e sermóns que deu na Catedral, que según
a tradición o Pai tivo que predicar ao aire libre, facendoo dende este lugar elevado
da actual rúa Álvaro Cunqueiro.**

**José Francisco López Ocaña **nado na cidade de Cádiz o _30 de marzo de 1743_; 
_tomou o Santo Hábito na igrexa dos Capuchinos de Sevilla o 12 de novembro de 1757,_**
cambiando o seu nome de pila polo de Fray Diego José de Cádiz.** Foi beatificado
o 22 de abril do ano 1894 pola súa Santidade León XIII. Era un humilde relixioso,
vestido cun gastado saial, calzado cunhas sandalias, co rostro tostado polas inclemencias
meteorolóxicas, co seu corpo enflaquecido pola fatiga e cunha alforxa ao ombro.

No casco antigo da cidade de Cádiz existe unha rúa que leva o nome deste Beato, 
Fray Diego José de Cádiz. Ademáis neste lugar podemos atopar unha placa que recorda
o lugar onde naceu, así como unha estatua de bronce do Beato nun fermoso xardín 
gaditano.

[[

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Fray%20Jos%C3%A9%20de%20C%C3%A1diz%20e%20Mondo%C3%B1edo&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F05%2F02%2Funha-cruz-que-divide-ruas%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/05/02/unha-cruz-que-divide-ruas/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
