# Troita da Pontenova

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/
- Published: 2025-06-06T20:00:00+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Visitamos hoxe a vila mariña de A Pontenova, ben coñecida polos seus fornos, un 
total de cinco, que recordan o pasado mineiro destas terras. Pero non menos importante
é o incrible atractivo e potencial turístico desta vila, que nos últimos tempos 
está a potenciar con varias rutas turísticas, unha tiroliña, unha vía ferrata…

Na imaxe de hoxe podemos ver a escultura da troita da Pontenova, convertida na máis
grande do mundo, con 9 m de longo. Construída polos alumnos e profesores de soldadura
e caldeiría do IES Enrique Muruais e pintada polo artista urbano, de prestixo internacional
Diego As. A carón desta troita ademáis, poderemos ollar un banco de madeira cun 
salmón tallado no seu respaldo, obra do escultor con motoserra [Eugenio Linares](https://www.facebook.com/eugenio.linares.1).

[[

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Troita%20da%20Pontenova&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F06%2F06%2Ftroita-da-pontenova%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/06/06/troita-da-pontenova/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
