# O rostro de Mercurio

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/
- Published: 2025-07-02T20:00:39+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Cecais nos fixamos pouco nos detalles, e moitas cousas pasan desapercibidas cando
transitamos polas rúas dos pobos que visitamos, e incluso tamén da propia cidade
na que residimos, ¿Cantas cousas descoñeceremos?

_**En Mondoñedo, nun costado da céntrica Praza da Catedral, no dintel da porta de
entrada a un antigo comercio textil, hoxe adicado a oficina-xestoría, atópase esculpido,
en pedra de granito, o rostro do Deus Mercurio**_.

O excelente comercio textil que se situaba antano aquí, a finais do siglo XIX era
propiedade de D. José Ramón Rego Villamil e de Dª. Remedios González Díaz. Co paso
dos anos pasaría a propiedade do fillo destes D. José maría Rego González e da sua
nora, Dª Aurora Martínez Fandiño.

[[

Mercurio, Deus da mitoloxía romana, fillo do Deus Xúpiter e da deusa Maya, representado
como adolescente e tocado cun casco alado, pasa completamente desapercibido para
os transeúntes. **Mercurio era considerado o Deus dos mercaderes e protector dos
camiñantes**.

Este fermoso detalle, tallado en pedra de granito, tamén pasa sen pena nin gloria
para os visitantes da nosa cidade e como dicíamos, incluso é descoñecida a súa existencia
para moitos dos nosos veciños. Non se ten constancia doutra imaxe deste Deus, tallada
en pedra, en todo o concello de Mondoñedo nin nos veciños de arredores.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20O%20rostro%20de%20Mercurio&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F07%2F02%2Fo-rostro-de-mercurio%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/02/o-rostro-de-mercurio/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
