# Especial colaborador. Andrés García Doural

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/
- Published: 2025-07-03T19:30:38+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

**C****hegamos as 20 mil visitas na web**, algo que se di axiña, pero que ten detrás
un traballo de horas, para en primeiro lugar poñer na rede o proxecto, darlle un
formato e contexto, e por suposto a recolleita de imaxes e dende fai un tempo tamén
textos que as acompañan.

**Esta web naceu en abril de 2020**, en plena pandemia pola Covid-19, **coma un 
blog.** Tras anos na rede, **pasou a ter un dominio propio, e un espazo de aloxamento
meirande na internet, custeado de forma íntegra polo seu autor**.

Este maior espazo, da de si a oportunidade de subir maior contido a rede, co cal
permite acoller traballos de colaboradores, **tales como [Nuria Anello](https://marcoscandiaimaxes.com/tag/nuria/),
[Luis Salaverri](https://marcoscandiaimaxes.com/tag/salaverri/), ou [Andrés García Doural](https://marcoscandiaimaxes.com/tag/andres-garcia-doural/).**

**Precisamente deste último versa a entrada de hoxe**, _a modo de agradecemento 
a súa persoa, pola súa desinteresada axuda con esta web_. **Case dende os inicios
Andrés aporta a súa mirada sobre Mondoñedo**, con imaxes curiosas que capta co seu
obxectivo; pero dende fai un tempo, ademais desas imaxes máis actuais, **Andrés 
tamén nos aporta outras fotos máis antigas, conxuntamente con datos, de detalles,
persoas ou acontecementos que sucederon en Mondoñedo noutras épocas**. Podemos contar
máis de 170 colaboracións a día de hoxe de Andrés, e seguiremos sumando.

[[

**A ninguén se lle escapa que Andrés é unha fonte inesgotable de información e sabedoría
sobre Mondoñedo e as súas xentes**, un _incansable estudoso_ da nosa historia, da
nosa cultura e de todo o que teña que ver coa cidade e os seus moradores. _Incansable
buscador de información nos distintos arquivos, municipal, diocesano, catedralicio,
provincial…_

Ata fai uns anos **Andrés contaba cun blog altamente coñecido “Miscelánea Mindoniense**”
_o cal por desgraza xa non está accesible, tras desaparecer o servizo onde se aloxaba
o mesmo_. Derivado disto, un bo día, propúxenlle retomar esa actividade nesta casa,
coas pequenas curiosidades que moitos días ten a ben aportarnos e que antes mencionaba.

Ademais, o noso amigo **Andrés** ten tamén unha boa morea de **publicacións **entre
as que podemos destacar o seu **libro sobre Manuela Rey ou tamén o seu traballo 
sobre a música en Mondoñedo**, do que é coautor, entre outros moitos como o último
presentado fai semanas en [Castromaior do cal é destacado colaborador.](https://terrachaxa.com/news/castromaior-acolle-a-presentacion-dun-libro-sobre-a-figura-de-dona-isabel-de-castro-e-o-seu-legado-historico/97014/)
_É tamén un dos grandes aportadores de novas e curiosidades ao xornal Mondoñedo,
editado pola Asociación de Amigos Cidade de Mondoñedo._

**Dende Un Paseo en Imaxes, unha web de Marcos Candia Cuba, quero darlle as gracias
a Andrés por todas e cada unha das veces que traballa man a man con esta casa para
aportar tanta información e datos que ben agradecidos vos facemos chegar.**

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Especial%20colaborador.%20Andr%C3%A9s%20Garc%C3%ADa%20Doural&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F07%2F03%2Fespecial-colaborador-andres-garcia-doural%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/07/03/especial-colaborador-andres-garcia-doural/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
