# O Salón Imperio

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/
- Published: 2025-08-01T20:00:50+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Falamos hoxe dunha famosa edificación construida no mindoniense barrio de San Lázaro
alá polo ano 1918. Sinalada na actualide co número 77, sería adicada exclusivamente
ao baile público dos domingos e días festivos.

Os propietarios desta edificación eran o labrador do citado barrio, **Santiago Díaz
Fernández e a súa dona Ramona Caselas González**. A súa construcción correu a cargo
do mestre de obras portugués Antonio Mera Alves.

Coñecida como **Salón Imperio**, neste lugar a orquestra coruñesa «La Estrella»,
amenizou uns grandes bailes. Entre os seus compoñentes, destacaba a súa fermosa 
e simpática vocalista Alicia de La Vega, filla de Ricardo Veiga González «O Bodego»
e de María del Carmen Paz Otero «A Lidona» de Mondoñedo. Entre o seu amplo repertorio
figuraban temás como: «Río de Janeiro» (Samba); «Viena es así» (Vals); «Mi casita
de papel» (Canción do Oeste).

[[

_**Por este famoso salón de baile pasaron tamen, entre outras, as orquestras «Melodías
del Jazz», «[Royalty Melodías](https://marcoscandiaimaxes.com/2024/06/18/royalty-melodias/)«,«
Radio Jazz», «Amor», «Novedades», «Maseda», «Nueva Lira», «Veracruz» ou «Os Pindaros»…**_

O salón fecharía definitivamente as súas portas a finais dos anos sesenta. Posteriormente
a edificación sería vendida por un módico prezo.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20O%20Sal%C3%B3n%20Imperio&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F08%2F01%2Fo-salon-imperio%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/08/01/o-salon-imperio/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
