# Numeración das vivendas

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/
- Published: 2025-09-05T20:00:16+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

En numerosas ocasións preguntámonos cando comezaron a colocarse letreiros cos nomes
das rúas en Mondoñedo e incluso a numeración das súas vivendas. Por casualidade,
atopamos no libro de Actas do Concello de Mondoñedo 1801-1805, a resposta a esta
pregunta. Sen Alcalde da cidade D. Enrique Ramón Posada Pardo, Rexedor perpetuo 
e veciño desta cidade.

Na acta levantada con motivo da Sesión do 27 de xuño de 1803, nun dos seus apartados
dice: **«Considerando la ciudad la subsistencia que debe tener la denominación de
cada calle, rúas y baladas de ella, y sus extramuros, para que no se obscurezcan,
y los forasteros puedan con facilidad tener conocimiento de ellas para sus asuntos.
Acuerdan sus señorías se rotule la de cada una en su entrada, o salida, y numeren
todas las casas por el orden correspondiente, visiblemente por la parte de afuera,
y por maestro de pericia en el arte, de cuenta de los dueños respectivos de las 
mismas casas, o de los que de su orden las habiten, para lo que se diputa al Sr.
Presidente, con todas las facultades de la ciudad”.**

[[

Transcorreron algo máis de 222 anos dende que a Corporación Municipal acordou numerar
as vivendas e colocar letreiros as rúas de Mondoñedo, pero algunhas atópanse sen
eles. Nos coñecemos esos nomes, os que nos visitan durante o ano, non.

D. Enrique Ramón Posada, viuvo de Dona Juana Olano, faleceu o 13 de xaneiro de 1828
en Mondoñedo e foi sepultado na capela de San Antonio do Carrascal. Foi elexido 
e nomeado Alcalde Maior de Mondoñedo polo bispo D. Andrés Aguiar y Caamaño.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Numeraci%C3%B3n%20das%20vivendas&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F09%2F05%2Fnumeracion-das-vivendas%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/05/numeracion-das-vivendas/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
