# Autoridades Eclesiásticas

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/
- Published: 2025-09-10T20:00:15+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Hoxe traemos unha imaxe captada no ano 1965, no adro sito, por aquel entón diante
da porta da Catedral de Mondoñedo.

[[

A esquerda da imaxe vemos a D. Jacinto Argaya Goicoechea, bispo de Mondoñedo. D.
Jacinto nado en Vera del Bidasoa (San Sebastián) no ano 1903. En 1952 foi nomeado
bispo auxiliar de Valencia; e en 1957 bispo de Mondoñedo. No 1968 pasaría a ser 
bispo de San Sebastián. Faleceu en Valencia no 1993.

No centro da imaxe atopamos a D. Fernando Quiroga Palacios, arzobispo de Santiago
de Compostela. D. Fernando nado en Maceda (Ourense), no 1900 e bispo da nosa cidade
entre os anos 1945 e 1949. No 1949 sería nomeado arzobispo de Santiago de Compostela.
D. Fernando foi o primeiro presidente da Conferencia Episcopal Española. Faleceu
en Santiago no ano 1971.

A dereita atopamos D. Perfecto Alonso González, Prelado Doméstico da súa Santidade.
D. Perfecto nado na parroquia de San Pedro de Arante, Ribadeo, en 1902. Foi capelán
do Hospital durante a guerra civil, profesor do Seminario Santa Catalina, canónigo,
arcipreste, canciller do obispo, entre outros cargos… O 22 de setembro de 1966 sería
envestido Prelado Doméstico da súa Santidade. D. Perfecto faleceu o 1 de febreiro
de 1976.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Autoridades%20Eclesi%C3%A1sticas&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F09%2F10%2Fautoridades-eclesiasticas%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/10/autoridades-eclesiasticas/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
