# Incendio en San Lázaro

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/
- Published: 2025-09-19T20:00:35+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Corría o _**25 de xullo de 1971,**_ día do Patrón de Galicia, cando un serradoiro
localizado no barrio de San Lázaro de Mondoñedo sufría cuantiosos danos materiais
a causa dun voraz incendio.

O lume afectaría o serradoiro dos irmáns Lorenzo García, ao prender o lume nuns 
bidóns de gasoil, chegando incluso algún deles a explosionar. As chamas acabarían
con toda a madeira almacena e causarían importantes danos nas naves adicadas a esta
industria. Os danos foron cuantiosos, pero a fortuna quixo que non se tivera que
lamentar ningún persoal.

[[

Na extinción do incendio, que se prolongaría durante varias horas, colaboraron veciños,
obreiros e forzas da Garda Civil. Na imaxe da cadea humana que acompaña este post
podemos recoñecer a: **Quique «do guerra», o sobriño de «Recetas», Alejandro «Patrulla»(
fillo), Antonio, Héctor Vázquez «do caminero», Suso Díaz Chao e Antonio «dos Castros».**

No ano 1956 outro espectacular incendio tiña causado cuantiosos danos a outro serradoiro
propiedade de Rosendo Camarista Casal, tamén ubicado no citado barrio de San Lázaro
en Mondoñedo.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Incendio%20en%20San%20L%C3%A1zaro&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F09%2F19%2Fincendio-en-san-lazaro%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/09/19/incendio-en-san-lazaro/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
