# Dende o Mondoñedo ao Racing de Ferrol

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/
- Published: 2025-10-08T20:00:23+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

A través de Sergio Fernández Robles, coñecemos a existencia do noso persoaxe de 
hoxe. El foi a primeira persoa que nos falou deste gardamallas que na tempada 35/
36 chegou a desputar a Copa Galicia co Racing de Ferrol. Falamos hoxe do «**Cubano**«.

O seu nome era Eduardo Chao Otero, coñecido por «O Cubano», con ampla familia nos
barrio de Valiño e no lugar de A Chanta, da parroquia de Nosa Señora dos Remedios.
Recibía o citado mote por ter nacido na illa do mar Caribe. A súa fichaxe polo conxunto
departamental viría motivada polas súas brillantes actuacións coa escadra mindoniense.

[[

Imaxe facilitada por Moncho Casteñeda

Entre outras moitas actuacións deste gardamallas mindoniense, citaremos duas en 
concreto. O **19 de abril de 1936 en Riazor, xogaríase un encontro entre o Deportivo
da Coruña e o Racing de Ferrol, válido para a Copa Galicia**. Formarían polo _**
Dépor**_: Seoane, Paradela, Pedrito, Cela, Antoñito, Reboredo, Breijo, Triana, Balado,
Waldo e Vázquez. Polo _**Ferrol**_: _**Cubano**, Chavea, Tarín, Romalde, Rivera,
Basterrechea, Toralla, Giménez, Tacita, Cagigao e Wences._ Gañaría o Dépor cun abultado
catro a cero.

Posteriormente o 24 de maio do mesmo ano, as mesmas escadras enfrentaríanse de novo
desta volta en Ferrol, no campo coñecido como «O Inferniño». Polo Racing desta volta
formarían: **_Cubano_**, Chavea, Tarín, Bsterrechea, Rivera, Romalde, Toralla, Xelo,
Tacita, Varón e Cagigao. Desta volta os ferrolás levaríanse a victoria.

**A imaxe que acompaña estas liñas amósanos un mozos mindonienses que practicaban
o chamado «Deporte Rei» e na que figura o noso protagonista «Cubano». De dereita
a esquerda e de arriba a abaixo figuran na imaxe: _Justo Martínez, Victoriano López,
Manuel Gayoso, Manuel Lombardía, Bernardino Vidarte, Dositeo Artiaga, Severiano 
Aguiar, Segundo López, J. Ramón Santeiro, Eduardo Chao «Cubano» e José G. Acevedo._**

O Cubano tamén chegaría a participar de xeito destacado en algunhas carreiras pedestres
que se celebraron en Mondoñedo a comezos dos anos trinta.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Dende%20o%20Mondo%C3%B1edo%20ao%20Racing%20de%20Ferrol&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F10%2F08%2Fdende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/08/dende-o-mondonedo-ao-racing-de-ferrol/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
