# A cova de Samordás

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/
- Published: 2025-10-24T20:00:24+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

No barrio de Samordás, parroquia de San Martín de Galgao (Abadín), podemos ver unha
cova coñecida como “**Cova da Meiga**”, ou tamén “**Cova dos Santos**”.

O grupo mindoniense de espeleoloxía coñecido como “**Os Topos**” conseguiron entrar
nela o 19 de xullo de 1968 e bautizárona co nome de “Cova dos Santos”. Os compoñentes
deste famoso grupo non tiveron grandes dificultades para dar con ese nome, xa que
a cavidade atópase en plena ladeira do monte que se coñece como “Do Santo”, e incluso
garda no seu interior algunhas figuras en pedra moi parecidas as imaxes relixiosas.

[[

Nesa data, formaban parte do grupo “Os Topos”: José M. Gacio Rodríguez, Marcelino
Díaz González, Luís Gacio Val, Alfredo Losada Iglesias e Ignacio Vilaseca Otero.
Na imaxe que acompaña estas liñas, podemos ver a Luis Gacio Val saíndo ao exterior
dende a cova.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20A%20cova%20de%20Samord%C3%A1s&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F10%2F24%2Fa-cova-de-samordas%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/10/24/a-cova-de-samordas/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
