# Unha peculiar muller

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/
- Published: 2025-11-07T20:00:00+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Seguimos traendo ao recordo a mindonienses que xa non están entre nos, para a nosa
sección [persoaxes](https://marcoscandiaimaxes.com/as-nosas-personaxes/), e así 
recordar estas figuras non tan recoñecidas. Hoxe falamos de **_Josefa Maseda Otero_**.

Josefa non tiña títulos universitarios, nin valiosas propiedades, tampouco un surtido
comercio. Nos seus tempos mozos, cantou, bailou con soltura e tocou con mestría 
a pandeireta. Nada no mindoniense barrio de Vigo, da parroquia de Santiago, casaría
con Juan Palacios Bermúdez, da parroquia de Santa María de Vilamor. Este matrimonio,
nos seus comezos, fixou a súa residencia na edificación sinalada co número 53 da
rúa Méndez Núñez (actual Álvaro Cunqueiro). Para máis tarde facelo na sinalada co
número 47 da mesma rúa, onde falecerían.

Esta parexa cultivaba unha parcela de terreo sita na parte traseira do seu domicilio,
co que alimentaban algúns animais para o seu sustento. Adicáronse durante moitos
anos a venda ao por menor na Praza da Catedral, de diversas froitas e algúns frutos
secos.

A nosa protagonista era boa coñecedora de diversas plantas aromáticas e incluso 
de algunhas con dotes menciñeiras. Na tenda do seu fogar conservaba numerosos feixes
colgados das paredes (manzanilla, romeiro, paletaria, entre outros). Non en van,
en moitas ocasións levantou a numerosas persoas que a visitaban o que ela chamada«
paletillas e calleiros».

[[

Recordamos, nalgunhas ocasións, vela desempeñar o seu arte: sentaba no chan da súa
tenda no seu domicilio, sobre unha tea, ao «pacente», mandáballe xuntar as pernas
polos xeonllos, tentar xuntas as duas mans ben estirados os brazos, e, como observara
que non conseguise xuntalas ben, a continuación, desviábase uns pasos, e comezaba
a pronunciar unhas verbas en voz baixa… Rematado ese acto, achegábase a persoa sentada
no chan e collendoa polas axilas, tentaba levantala. Escoitábase un pequeno son 
ao longo da columna vertebral do «pacente». Ao intre, mandaba ao mesmo que se puxese
en pe, amodiño, pero para daquela, este xa notaba certa melloría do seu malestar.
Antes de despedir ao enfermo, Josefa, como boa «doutora», recordáballe non levantar
pesos nin facer esforzos durante uns días.

Por xunto de Josefa pasarían moitos veciños de Mondoñedo, dos seus arredores, e 
incluso, coñecemos o caso do propietario do establecemento coñecido co nome de «
Mejillonera» de Astorga.

Josefa facelecería no seu domicilio da rúa Álvaro Cunqueiro a idade de noventa e
sete anos. ¡Qué ilusión lle facía a súa filla, Erundina, que chegase a alcanzar 
a o século de vida! Desta volta non foi posible.

**_O noso agradecemento a Erundina, filla de Josefa, que nos cedeu a foto que acompaña
estas liñas. _**

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Unha%20peculiar%20muller&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F11%2F07%2Funha-peculiar-muller%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/11/07/unha-peculiar-muller/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
