# Obras no Seminario

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/
- Published: 2025-12-17T20:00:07+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Sendo Bispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, _**D. Fernando Quiroga Palacio**_s, 
no ano **_1947_**, comezaron as obras de reforma e ampliación do Real Seminario 
Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Estas obras consistirían na construcción 
de dous espléndidos pavillóns, un excelente servizo de duchas, un cómodo e amplo
salón de actos e unha fermosa e luminosa capela.

O Bispo Quiroga, ante a necesidade dun bo número de albaneis, carpinteiros ou canteiros
para levar a cabo esta importante obra, informouse dos soldos que se percibían a
diario en Mondoñedo e os seus arredores, e tras elo,** decide que se aboaría aos
operarios que executasen esta obra cinco pesetas a maiores**. Deste xeito, non faltou
man de obra e a execución dos traballos avanzou con prontitude.

[[

_Durante a execución dos traballos, a comezos de decembro do ano 1951, desplomouse
un andamio, caendo dende unha altura dus nove metros, dous dos obreiros que participaban
nos traballos; eran Francisco Gasalla, veciño do lugar de «Atalaya», do barrio de
Valiño, que faleceu as poucas horas do suceso, e Andrés Castrillón, veciño do Couto
de Otero, que sería hospitalizado no Sanatorio Nosa Señora dos Remedios, en estado
grave._

O 7 de setembro de 1954, despois do coro, inaugurouse a nova capela maior do Seminario,
xunto a imaxe colocada na súa fachada.

As obras duraron case dez anos e foron finiquitadas durante o episcopado de D. Mariano
Vega Mestre, motivo polo que foron colocados na fachada da nova capela do Seminario
Santa Catalina, os escudos de armas de ambos Bispos.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Obras%20no%20Seminario&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F12%2F17%2Fobras-no-seminario%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/17/obras-no-seminario/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
