# A «Paula de Ouro»

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/
- Published: 2025-12-22T20:00:23+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

A finais dos anos sesenta o escritor mindoniense **Álvaro Cunqueiro Mor**a, creou
a «**_Orden de la Paula_**«. Con intención de premiar as persoas que tiveran prestado
un servizo polo municipio, mostrando interese polos seus problemas, fillos ilustres,
etc. O médico ciruxán, e alcalde por aquel entón de Mondoñedo, **D. Enrique Cabanela
Álvarez (cuñado de Cunqueiro), era o presidente da Orde**.

[[

Sería o 28 de agosto de 1970, sobre as cinco da tarde, no Claustro da Catedral, 
cando Cabanela lle fixo entrega a Manuel Fraga Iribarne, ex Ministro de Información
e Turismo da primeira «Paula de Oro» así como un pergamiño que dicía: «**_A serenísima
Cofradía da Paula concede a primeira insignia de ouro a Don Manuel Fraga Iribarne
e faino cofrade seu_**«

Fechou o acto o forte soar da auténtica Paula. Foi a única vez que se impuxo esta
distinción.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20A%20%22Paula%20de%20Ouro%22&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2025%2F12%2F22%2Fa-paula-de-ouro%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2025/12/22/a-paula-de-ouro/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
