# García «o obreiro do fútbol»

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/
- Published: 2026-01-16T20:00:35+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

O noso veciño, _**José Ramón García Fernández**_, ademáis de xogar de forma destacada
como gardamallas dos cadros de Mondoñedo, Ribadeo, Lugo, Ourense, Ferrol ou Córdoba,
rematou a súa carreira como futbolista nas filas do **Jerez Deportivo, era a tempada
1971/72 e a escadra andaluza acababa de ascender a segunda división do fútbol español.**

Formaban parte daquela escadra: _**García**, Serrano, Sánchez, Fernández, Bailaro,
Prieto, Ravelo, González, José Luis, Verdú, Sertucha, Goñí, Becerra, Quindejo, Del
Pozo, Rafa, Zarate, Pepín, Domínguez, Parra, Garrido, Yanko, Román, Beigvader, Jiménez
ou Matías._ O xovencísimo integrante daquela escadra «Del Pozo» chegaría a militar
nas filas do Betis, Cádiz ou Palencia. O tinerfeño Ravelo, xogou tamén no Tenerife
e no Córdoba ademáis de no propio Xerez onde foi toda unha institución. O veterán
defensa canario, José Luis, foi tamén subcampión de liga con Las Palmas. E outro
veterano, Sertucha, formou tamén parte do Osasuna, Alavés ou Deportivo da Coruña.

[[

Nesa tempada, tamén competían na segunda división española equipos galegos como 
o Pontevedra ou o Racing de Ferrol. Ao remate da mesma, a escadra azulona descende
de categoría e García decide colgar definitivamente os guantes e a petición da directiva
do Córdoba, comeza a entrenar a escadra xuvenil. Foi corta esta etapa como míster,
tarefa que abandoa para prestar maior atención ao seu negocio de materiais de construcción
en Córdoba.

[[

_José Ramón García, un «obrero del fútbol», como o calificaron en diversas ocasións,
consideramos que de xeito acertado, faleceu no ano 2004 na cidade de Córdoba, onde
era moi apreciado e querido polos seus veciños. _

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Garc%C3%ADa%20%22o%20obreiro%20do%20f%C3%BAtbol%22&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2026%2F01%2F16%2Fgarcia-o-obreiro-do-futbol%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/16/garcia-o-obreiro-do-futbol/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
