# Concurso de enxertos

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/
- Published: 2026-01-21T20:00:59+01:00
- Author: Marcos Candia Cuba

**Ala polo 2 de abril do ano 1967**, e organizado pola Delegación Provincial de 
Xuventude a instancias da da local e coa colaboración do Servizo de Extensión Agraria
e a Hirmandade de Labradores e Gandeiros, **celebrouse nos soportais do Cantón Grande
de Modoñedo un curioso concurso de enxertos**. Proba que foi seguida por numeroso
público.

Os premiados de dito concurso serían:

 * 1º Ángel Peón Expósito (trofeo e 250 pesetas)
 * 2º Terencio G. Requeijo (trofeo e 150 pesetas)
 * 3º José Luis Otero Ferreiro (trofeo e 100 pesetas)
 * 4º Ignacio Pena García (trofeo)
 * 5º Manuel Rivas García e Fernando López Iglesias (opción de participar no concurso
   provincial).

Sería xa o 30 de maio de 1971, de novo na Plaza de España (actual da Catedral) de
Mondoñedo onde se lebaría a cabo o concurso provincial.

[[

Dito concurso daría comezo as doce da maña. Os participantes tiña que facer _**tres
clases de enxertos: de coroa, de fenda e de escudete**_, ademáis de vir provistos
dos instrumentos precisos para levar a cabo a proba.

Nesta ocasións os premios serían:

 * 1º Antonio Fernández García (Mondoñedo)
 * 2º Fernando Balseiro (Chavín, Viveiro)
 * 3º Serafín Álvarez Rodríguez (Mondoñedo)
 * 4º Aladino Montero (Couboeira, Mondoñedo)

[[

Nesta ocasión non habería premios en metálico, pero si trofeos para os 3 primeiros.
Lamentable, como ocorre con outras moitas cousas, este concurso pasou a historia.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Concurso%20de%20enxertos&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2026%2F01%2F21%2Fconcurso-de-enxertos%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/01/21/concurso-de-enxertos/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
