# San Isidro 1967

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/
- Published: 2026-05-13T20:00:21+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

[[

O día quince de mayo
sempre tes boa camisa,bos zapatos, bon sombreiroy un bastón
pra ir a misa.

¡Oh que parexa de bois
Dios che deu prá laboría,que hastra cereixas nos cornosche
traen para romería!.

¡Qué xugo tes tan ben feito,
que trabitas e apearespra traballar día e noitepol-
o sol, pol-os luares,oindo ruxir as augase dos mozos os cantares!…

**Florentino Barreira**

Esta fermosa estampa, captada no ano 1967 polo obxectivo de “Foto Celta”, transpórtanos
de cheo á maxia das nosas tradicións. A fotografía amósanos a procesión no carreiro
que discorre entre o pombal e a capela de San Isidro, no Couto de Otero de Mondoñedo,
un percorrido cheo de devoción e identidade labrega.

Máis alá do seu indubidable valor etnográfico, esta xoia en branco e negro é tamén
un álbum de recordos vivo, xa que nos permite recoñecer a varios veciños da nosa
vila participando na romaría.

Na comitiva podemos identificar a Manolo “Galicho”, Manolo “da Aspera” e Isidro “
o Caelo” portando ao santo e acompañando a marcha. Xunto a eles camiñan os cregos
D. Edelmiro Bascuas e D. Felipe Bangueses. E, como non hai festa nin procesión na
nosa terra sen a súa banda sonora, poñendo o ritmo e a melodía ao percorrido atopamos
a Alfredo Chamosa (á caixa) e a Suso Sordo (coa gaita).

Un pedaciño da nosa historia e das nosas xentes que hoxe recuperamos para non esquecer.

_Coa colaboración de Andrés García Doural_

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20San%20Isidro%201967&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2026%2F05%2F13%2Fsan-isidro-1967%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/05/13/san-isidro-1967/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
