# Unha xanela despexada á inmensidade

- Link: https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/
- Published: 2026-06-08T20:00:31+02:00
- Author: Marcos Candia Cuba

Os que frecuentamos o Fiouco sabemos ben que este alto é o reino indiscutible da
néboa, ese lugar onde o branco adoita tapalo todo. Por iso, poder asomarse un día
de ceo limpo e capturar esta inmensidade é un auténtico agasallo para calquera fotógrafo.
Quixen aproveitar a luz para plasmar a impresionante profundidade do relevo: primeiro
as suaves ondulacións da Pena da Roca, e recortada con forza contra o horizonte,
a silueta inconfundible da Toxiza, o punto máis alto das nosas montañas. Unha perspectiva
que nos lembra a grandiosidade da contorna que habitamos.

[[

### Compárteme:

 * [  Imprimir ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/#print?share=print)
 * [  Correo electrónico ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/?subject=%5BEntrada%20compartida%5D%20Unha%20xanela%20despexada%20%C3%A1%20inmensidade&body=https%3A%2F%2Fmarcoscandiaimaxes.com%2F2026%2F06%2F08%2Funha-xanela-despexada-a-inmensidade%2F&share=email)
 * [  WhatsApp ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/?share=jetpack-whatsapp)
 * [  Telegram ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/?share=telegram)
 * [  Threads ](https://marcoscandiaimaxes.com/2026/06/08/unha-xanela-despexada-a-inmensidade/?share=threads)
 * [Entrada](https://x.com/share)

### Me gusta esto:

Me gusta Cargando...
