No concello lugués de Ribadeo, podemos atopar un dos faros máis recoñecidos e visitados da costa galega, encravado nunha pequena illa, o famoso faro de «Illa Pancha«.
Illa na que ata fai pouco non se podía acceder, pero que agora, na vella casa do fareiro, alberga un pequeno hotel, e claro está, se estás alí aloxado podes acceder a este fermoso paraxe.

Na imaxe, outro dos atractivos desta zona, o deporte, xa que as estradas desta zona, prestanse e moito, para a práctica do ciclismo polo case nulo desnivel. Tamén é ben famosa esta zona pola práctica do surf e deportes de vela.
©Marcos_Candia

Comenta a imaxe!