Acerca de

O meu nome é Marcos Candia Cuba. Son un apaixoado do ciclismo e do sendeirismo, así como da fotografía. Profesionalmente adícome ao mundo da xestión, administración e informática, actualmente nunha empresa de obras públicas.

Tanto nas saídas en bici, como nos paseos, sempre procuro captar algunha imaxe. De aí xurdiu a idea deste pequeno blog. Un lugar, máis alo das RR.SS. onde arquivar e compartir as fotos que máis me gustan do meu día a día. A gran maioría serán captadas en Mondoñedo e arredores, pero tamén noutros lugares e viaxes ao longo do tempo. Por suposto haberá un lugar tamén, para imaxes cedidas en forma de colaboración a este blog (se queres colaborar entra na sección contacto, para máis información).

Un Paseo en Imaxes by Marcos Candia Cuba is licensed under CC BY-NC-ND 4.0

Create a website or blog at WordPress.com