Un dos lugares que pasa máis desapercibido para os mindonienses, pero que máis chama a atención aos forasteiros é a Fonte Vella; non todolos días podemos ver unha construcción deste tipo sobre unha «simple» fonte. Na imaxe de hoxe, a dereita, a nomeada Fonte Vella, e enfronte dela a súa pequena «praza» así como o cruce de rúas que nos leva ao Seminario, a Catedral, ao Río de Sisto ou a Peña de Francia.
Se gustades en afondar máis na evolución histórica deste punto mindoniense, convídovos a visitar o blog de Abel Vigo García, máis concretamente esta entrada do mesmo.

©Marcos_Candia

Comenta a imaxe!