En pleno centro de Asturias, Belmonte de Miranda, ofrece, como a gran parte desta comunidade autónoma, uns paisaxes incribles. Este concello atópase a pouco máis de 200msnm, pero as montañas que o rodean superan amplamante os 800msnm, o que fai que sexa un gran atractivo para o deporte de montaña.
Neste caso, hoxe volvemos a sección ciclismo, e acompaño unha imaxe dun mirador, que demostra o comentado anteriormente. Saíndo do centro de Belmonte de Miranda, dirección ao seu cemiterio, se seguimos esa mesma estrada chegaremos ao barrio da Repenerencia, tras unha explosiva subida de algo máis de 2 km, que en ningún momento baixará do 10% e que estará máis próxima ao 20%. Dende logo para o desfrute de calquera ciclista como colofón a unha etapa por terras de Belmonte de Miranda.

Ademáis para todos os amantes do ciclismo, en Asturias, podemos desfrutar da Asturias Challengue, un circuito cicloturista que neste 2023 está composto de 4 rutas. Unha delas, en abril, precisamente tivo como epicentro Belmonte de Miranda. A 1ª en marzo, Pravia, e as duas restantes, o próximo xuno en Villanueva de Oscos, e a cuarta e última deste 2023 como colofón en Tineo.
© Marcos Candia

Comenta a imaxe!