Entre Galicia e Asturias, no Cantábrico, érguese impoñente a Ponte dos Santos, un dos símbolos de unión entre Galicia e Asturias.

Esta ponte, que orixinalmente acollía a N634, foi ampliada e desdoblada, para, hoxe en día, dar paso a Autovía A-8. Conta a sendos lados con pasarelas peonís, para facilitar, sobre todo, a entrada de peregrinos a Galicia, pero tamén para dar un fermoso paseo e desfrutar da beleza de Ribadeo, o cargadoiro, o porto, a ría, tamén Castropol, Figueras ou Tapia.
© Marcos Candia

Comenta a imaxe!