As Invernegas

O Lugar das Invernegas, en Mondoñedo, pertence a Parroquia de Santiago. Atópase situado as faldas do Fiouco, e leva despoboado máis de 40 anos.

Para chegar alí, o xeito máis sinxelo, é coller a estrada provincial que une o Barrio dos Muiños, co Alto do Fiouco. Logo de pasar o lugar de O Barral, e dous desvios a dereita, o primeiro para a Cova, e o segundo para o mirador, teremos unha curva de esquerdas fechada, e novamente, a dereita da misma dará comezo unha pista asfaltada, ese será o desvio. O asfalso so dura unha ducía de metros, logo é un camiño natural; dende a estrada provincial ata o lugar das Invernegas o paseo é de aproximadamente 2 metros, e moi asequible, co cal se pode facer sen problemas.

Deixamos por aquí unha das imaxes captadas durante a visata ao lugar, onde poderemos ollar as antigas construccións das familias que alí residiron, así como unha excepcionais vistas das montañas e o Val de Mondoñedo.

© Marcos Candia


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo