En plena comarca da Terra Cha, no concello de Cospeito, podemos atopar a ben famosa «Lagoa de Cospeito», da que podemos leer máis información aquí, na web oficial do concello chairego.
Esta lagoa natural ten unha extensión de algo máis de 73 ha, entre as duas lagoas. Pode recorrerse todo o seu perímetro sen ningún nivel de dificultade, e conta con varios espazos para o avistamento das aves que alí residen todo o ano, ou as estacionarias. Co cal xa podemos deducir o seu importante valor na conservación do habitat natural.
Na imaxe, captamos un dos puntos do camiño que rodea todo o espazo, e polo que podemos desfrutar deste fermoso entorno natural.

© Marcos Candia

Comenta a imaxe!