Despois da seca…

No 2023 vivimos un periodo de seca dos que non se recordaban por Galicia.
Concretamente en Mondoñedo, dende finais de marzo e ata outubro case que non tivemos unha ducia de días de chuvias, e as acontecidas foron mínimas. Incluso se chegaron a activar alertas, e comezaban a proporse as primeiras restriccións no uso da auga potable.

Pero Galicia é una terra verde e fertil! Asique en outubro chegou a tan ansiada chuvia! Foi xustamente nas San Lucas… Tamén podía ter agardado 2 días máis…

Se o sol e o calor duraron meses, a chuvia aos tres días de comezar, xa nos cansou, porque veu, como veu… Durante a segunda parte de outubro, e os primeiros dias de novembro, choveu todo o que se tiña esperado para o outono-inverno, con grandes crecidas por toda Galicia.

Mondoñedo non foi excepción, as chuvias foron moi imporantantes, e o río Valiñadares, ao seu paso polo barrio dos Muiños, deixou estampas como a que sigue estas liñas, un río completamente cargado de auga que baixaba cunha cor escura limpando todo o que se atopaba.

© Marcos Candia


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo