Son varios os artigos nos que falamos de Ribadeo, xa que logo, é unha das portas a Galicia, cecáis a máis importante, dende a veciña Asturias.
Hoxe traemos unha nova imaxe desta vila mariña, centrando a mesma nunha captura do porto coa noite enriba.

O porto deportivo ribadense, é un dos máis importantes do Cantábrico e conta cun importante número de embarcacións de recreo. Na imaxe ao fondo Figueras e Castropol, xa na veciña Asturias.
© Marcos Candia

Comenta a imaxe!