Capela Nosa Señora das Neves

No cumio do monte Faro (254 msnm), no concello asturiano de Tapia de Casariego, podemos desfrutar dunhas excepcionais vistas sobre a vila mencionada, pero tamén sobre gran parte da rasa Cantábrica; en días claros, podemos chegar a observar Cabo Estaca de Bares, o punto máis septentrional da Península Ibérica.

Pero ademáis destas vistas excepcionais, no cumio desta montaña, atopamos tamén unha pequena capela, adicada a Nosa Señora das Neves, que é a protagonista da nosa entrada.

Capela Nosa Señora das Neves, Pico Faro, Tapia de Casariego

Non se sabe con certeza a data de construcción orixinal desta hermita, a cal foi destruida por un incendio. Logo dese suceso, no ano 1997 restaurouse, e adquiriu o porte actual, e ata alí se trasladou de novo a imaxe de Nosa Señora das Neves, en data 5 de agosto de 1997. Dende aquela, cada 5 dea agosto celébrase unha misa con procesión neste singular lugar.

© Marcos_Candia_Cuba


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo