Voltamos a Rinlo, un dos lugares preferidos para afotar desta web.
E facémolo cunha imaxe do reloxo que coroa, xunto coas súas campás, a Escola de Rinlo. Un reloxo dotado do famoso mecanismo «Canseco» mercado en Madrid, na reloxería fundada polo propio Antonio Canseco y Escudero.
Este reloxo comparte mecanismo con outros de importante renome como o da Catedral de Madrid, o do Pazo de Oriente ou o do Escorial.

Fíxose famoso no ano 2023, cando Jesús Calleja, a través do seu programa «Volando Voy» que se emite na canle Cuatro, reparou este reloxo para que volvese a dar a hora a todo Rinlo. Un programa centrado na Mariña Lucense, que mostrou planos aéreos do propio Rinlo, a costa da Mariña, e a cidade de Mondoñedo.
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!