Volvemos a capital de Galicia, e facémolo, presentando unha nova colaboración! A colaboración feminina! Gracias a tod@s os que aportades imaxes a esta casa!
Como dicíamos, viaxamos novamente a capital de Galicia, Santiago de Compostela, e facémolo da man, da nosa nova colaboradora, Nuria Anello. Ela traenos unha imaxe dunha curiosidade da Capital, que para moitos pasa desapercibida, e ademáis contanos un pouco máis de que se trata.

Tal como nos explica Nuria, podemos atopar caseque 200 taboleiros do famoso «tres en raia» (coñecidos en Santiago como «pai, fillo, nai»); con pequenas variacións entre eles, pero consistentes en pequenos buratiños feitos en pedra e distribuidos en filas de tres. Téñense vistos noutras cidades arredor do mundo, pero en tran gran concentración, é algo exclusivo da nosa Capital.
Orixe e finalidade, non están claras, inda que as sospeitas datan do reinado de Felipe II, e todo apunta a que eran usados como forma de entretemento das persoas que agardaban para recibir limosnas dos relixiosos.
Dende fai uns anos, a Asociación Cultural «Colectivo a Rula«, centra parte dos seus esforzos en cartografar a ubicación de todos eles, e arrincou unha loita pola conservación deste patrimonio histórico que parece quedar no esquecemento.
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!