Ben preto do pazo de Bonaire, atopamos a igrexa de Santo André de Masma. Un santuario construído sobre o 1740 e aumentado no século XIX, que hoxe traemos en forma de imaxe.

No interior da mesma podemos atopar un retablo do Século XVII, de estilo barroco, trasladado a esta igrexa dende o Santuario dos Remedios de Mondoñedo por orde do bispo Sarmiento.
© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!