Hoxe queremos rendir homenaxe a unha grande de Mondoñedo! Descoñecida ainda para moitos, pero dende logo unha gran muller da historia da nosa cidade.
Falamos de Manuela Rey, e mostramos unha imaxe da mesma, cedida por Andrés García Doural, que ademáis forma parte da familia da nosa protagonista, asique todo un orgullo que conte con esta web e nos ceda esta fermosa imaxe.
Manuela Rey naceu en Mondoñedo o 1 de outubro de 1842, no Lugar da Pradela, da actual parroquia de San Vicente de Trigás, e faleceu en Portugal, na Praça da Figueira en Lisboa, o día 26 de febreiro de 1866; a idade de 23 anos víctima da tuberculose. Manuela a pesar da súa temperá idade, foi unha importante actriz de teatro, que chegou a traballar no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa, onde foi quen de colleitar varios éxitos coas súas interpretacións.

© Marcos_Candia_Cuba

Comenta a imaxe!