Fútbol no campo da feira

Voltamos cunha nova imaxe do deporte en Mondoñedo.
Desta volta no desaparecido campo de fútbol que había ubicado no actual Campo dos Paxariños.

Na imaxe podemos ver ao fondo parte do Santuario dos Remedios e da Alameda, e en primeiro plano unha aliñación formada, de esquerda a dereita e de enriba a baixo por: Manuel Arauxo (e a súa filla Raquel), Elviro Lorenzo, Xusto Ares, Carlos Aguiar, Alexandro Rodríguez «Patrulla», Pepe González Seco, Moncho Cabanela, Segis Castro, Alfonso Docal, «Tito» Freire e o seu fillo Miguel, «Chacho» de San Lázaro, Ramón Paz «O Latoneiro» e José María González Redondo.

Aliñación en Mondoñedo no ano 1969. Moitas gracias a Andrés unha vez máis pola fotografía.

© Marcos_Candia_Cuba


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo